viernes, 21 de abril de 2017

A Ponte colgante de Biscaia




A ponte de Bizkaia, é unha ponte trasbordadora de peaxe, que realiza viaxes as 24h do día durante todo o ano, e ahorra ter que facer unha distancia de 20km en coche. Foi diseñado e construído entre 1887 e 1893, a pesar de que fui inaugurado o 28 de xulio de 1893, sendo a primeira ponte desa tipoloxía no mundo.A súa construcción debeuse á necesidade de unir os balnearios existentes a ambas marxes da ría, destinados á burguesía industrial e aos turistas a finales do S.XIX.
 A ponte tamén se lle chama "ponte Palacio" en honra ao seu arquitecto Alberto de Palacio e Elissague. 

Resultado de imagen de Ponte colgante de bizkaiaSitúase no tramo final da Ría de Bilbao, a poucos metros da desembocadura no Cantábrico. A ponte, une Portugalete e Getxo. Máis concretamente enlaza a vila de Portugalete co barrio de Las Arenas (Getxo)
A ponte tamén recibe varios nombres. O oficial é "puente de Vizcaya". Pola contra o nome máis popular e que se lle asigna máis é "ponte colgante" ao que se lle engade "de Portugalete", "de Getxo" ou "de Bilbao".                                   (Vídeo Ponte de Biscaia)



IMPORTANCIA HISTÓRICA:

Tanto no proceso de deseño coma na súa construcción, interviño o inxeñeiro e empresario francés Ferdinand Arnodin, o cal, é autor da ponte transbordadora de Rochefort(Francia)

A ponte ten 61m de altura e 160m de lonxitude. É unha ponte colgante cunha barquilla transbordadora para vehículos e pasaxeiros. Foi a primeira ponte deste tipo construída no mundo e que sirvió de inspiración para outras moitas pontes que hai arredor do mundo. É considerado o ponte transbordador en servicio máis antigo do mundo.

Imagen relacionadaNa Guerra Civil, os inxeñeiros republicanos recibiron a orde de destruír todos os pasos sobre a ría de Bilbao, co fin de deter o avance das tropas franquistas. O 17 de xunio de ese ano, derribouse o travesaño que precipitou sobre as augas da ría. A ponte foi reconstruída o 19 de xunio de 1941 da man de José Juan Aracil, o cal actualizou en xeral todo o deseño da ponte.


En 1999 realizáronse importantes obras na ponte, como a instalación de ascensores nas dúas torres e a pasarela na viga superior.
O 13 de xulio de 2006 foi declarado Patrimonio da Humanidade da Unesco, entre 37 candidaturas presentadas. A Unesco o considera como "Unha das máis destacadas obras da arquitectura de ferro da Revolución Industrial". Foi distinguida e premiada con obsequios como: Diploma da Calidade Turistica en destino, Aixegtxo sariak,...
En 2010 cambiouse a cor da ponte, xa que a súa cor negra anterior absorbía a radiación térmica. Por iso decidíronse pola cor vermella que ten agora

No hay comentarios:

Publicar un comentario